Android Instant Apps, unha nova forma de usar as aplicacións sen instalacións

Do moito que deu de si a keynote desta tarde no Google I/O houbo unha proposta que nos sorprendeu bastante. Trátase de Android Instant Apps, que chega para revolucionar o xeito de empregar as aplicacións.

Android Instant Apps permitirá ás desenvolvedoras incorporar esta nova idea de Google para que as usuarias podan empregar as apps sen instalalas nos terminais, permitíndolles ademáis usar só aquelas funcionalidades que queiramos sen ter que instalar a app ao completo, o que se traduce en velocidade e menos memoria ocupada.

google instant apps 02

Esta funcionalidade pode facilitar ademais o uso pouco frecuente dalgunhas aplicacións e mesmo gañar tempo instalando só o módulo concreto dunha app para un uso moi puntual ou porque realmente é unicamente o que precisamos.

Polo de agora o tema está un pouco verde e Google está a traballar na actualidade cuns poucos socios como BuzzFeed, Disney e Medium, entre outros, mais a idea é que co tempo chegue a moitas máis desenvolvedoras.

Sobre o autor

Reply