Glucosio, a app cao que mater a raia á diabete

Raro é a persoa que non ten na sáu contorna algunha coñecida que sofre de problemas co azucre. Por iso hoxe queremos falarvos de Glucosio, unha aplicación coa que podemos levar o control das diabetes tipo 1 e tipo 2.

Á hora de instalar a aplicación, o primeiro que debemos facer é configurar uns parámetros determinados, como a idade, sexo, peso, tipo de diabete… e unha vez feito isto xa poderemos crear un histórico. A partires deses datos que introducimos crearanse gráficas nas que poderemos ver de xeito vistoso o rexistro clasificado por día e hora.

glucosio

Ademais, a web permite facer consultas online que que terán resposta nun máximo de 24 horas nun arquivo que poderemos gardar en Google Drive directamente. A isto tamén hai que engadirlle un asistente para recibir consellos sobre como poder controlar a enfermidade.

Se pensades que é pode ser unha app de axuda, podedes descargala de balde nesta ligazón á Play Store.

Deixa un Comentario