Google Assistant, o novo Google Now

Google Now é un dos mellores asistentes mais… pode mellorar? Desde logo que si. Por iso a compañía de Mountain View vén de anunciar no Google I/O o seguinte paso de Now: chámase Google Assistant.

Nos últimos tempos Google foi aprendendo das nosas necesidades até conseguir sistemas tan intelixentes que facilitan as buscas, públicas e privadas. A modo de exemplo, durante a keynote explicaron como son capaces de facilitar as nosas buscas en Google Fotos, de maneira que se poñemos “aperta” xa nos saen todas as fotos nas que haxa apertas (o mesmo cos “bicos” ou coas “selfies”).

google assistant - 3

Unha das maiores vantaxes de Google Assistant é que funciona con linguaxe natural, co que pode entender moito mellor as preguntas formualdas de igual maneira que cando llas facemos a unha persoa na vida real, e aprende do contexto para poder seguir o fío da conversa.

google assistant - 1

Integrado no ADN do buscador, Google Assistant terá novas funcionalidades. A que máis no chamou a atención é que permitirá reservar entradas ou mercar comida con comandos de voz. Imaxinemos que vamos no noso coche con Android Auto conducindo cara a nosa casa e temos ganas de cear chinés. Tan só teremos que indicarllo ao asistente mediante a voz, para que Assistant faga o pedido, reduncindo así o tempo de espera pola comida cando cheguemos á casa. Non pinta mal, non credes?

 

Google Assistant non será cuestión dunha aplicación en concreto, senón que estará dispoñíbel en todas as ferramentas de Google para facilitar a vida ás usuarias. Agardemos que a espera non sexa moi longa.

Sobre o autor

Reply