NameAndroidN: Google quere que lle poñas nome á nova versión de Android

Cada nova versión de Android leva asociada unha letra, e cada letra o nome dun postre. Os ruxe ruxe sobre que postre tocará son un clásico que se repite cada ano e nos últimos tempos Google entrou no xogo con campañas publicitarias como a de KitKat ou os vídeos de Marshmallow, que supuxeron un antes e un despois.

O pasado mes de marzo deron a coñecer Android N, a nova versión que chegará oficialmente xunto cos novos Nexus a finais de verán, pero para manternos entretidas veñen de pór en marcha a campaña NameAndroidN, na que nos convida a suxerir nomes.

Tes unha idea? Podes enviar a túa proposta desde esta ligazón. Quizais namores á xente de Google coa túa idea e resulte escollida. Dálle!

Sobre o autor

Reply