Wiko Jerry, un terminal de 5 polgadas por 99 euros

O fabricante Wiko vén de lanzar un novo dispositivo, o Wiko Jerry, un trebello de acabados metálicos e pantalla de 5 polgadas que só custa 99 euros.

O dispositivo incorpora unha pantalla IPS de 5 polgadas e no seu interior alberga un procesador de catro núcleos a 1,3 GHz, xunto con 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna, ampliábel mediante tarxetas microSD de até 64 GB. A batería é de 2000 mAh e dispón de espazo para dúas tarxetas SIM.

No apartado fotográfico, a cámara principal é de 5 megapíxeles e a frontal de 2 megapíxeles. A traseira leva un flash tipo LED e para a frontal ofrece o sistema de iluminación de pantalla para imitar un flash. En canto á aplicación de cámara, dispón de funcionalidades tipo HDR e foto panorámica (tamén na frontal), así como dun editor fotográfico.

wiko jerry

En canto a sistema operativo leva Android 6.0 Marshmallow, lixeiramente modificado cunha capa deseñada polo fabricante, a Wiko UI, que optimiza algunhas funcións do teléfono e mellora as opcións de personalización.

O Wiko Jerry está dispoñíbel en turquesa/plata, negro/gris ou rosa/prata por 99 euros.

Sobre o autor

Reply