Gmail xa permite o acceso sen contrasinal

A posibilidade de entrar no correo de Gmail sen o contrasinal vén de facerse unha realidade, e desde agora xa podemos loguearnos no noso PC desde o móbil logo de seguir uns sinxelos pasos. De primeiras temos que premer nesta ligazón que nos levará ao panel de configuración para poder “usar o teu teléfono para iniciar sesión”.

OLLO! neste paso cómpre ter desactivada a verificación en dous pasos pois se non, apareceranos unha pantalla que nos informará que non temos activa a posibilidade de iniciar sesión usando o móbil.

gmail sesion mobil 01

Unha vez que accedemos á pantalla anterior, seguimos un a un os puntos que nos sinala, que básicamente son 2, ter algún tipo de patrón de desbloqueo no móbil e aceptar a mensaxe de aviso que nos lanza o terminal sobre se queremos aceptar ou non o inicio de sesión que estamos solicitando.

gmail sesion mobil 02

Logo destes sinxelos pasos acabouse ter que introducir o contrasinal no pc cando precisemos loguearnos, só teremos que ter o móbil preto para confirmar o inicio de sesión co noso móbil.

Polo que vemos que só podemos ter ao mesmo tempo, un terminal favorito para iniciar sesión polo que se empregamos habitualmente máis dun terminal, coidado, temos que ter sempre connosco o smartphone que predeterminamos para confirmar o logueo na conta de Gmail.

gmail sesion mobil 03

Pensamos que sería importante que Google permita, aló menos, pór dous terminais predeterminados para poder confirmar os logueos nas súas contas pois a día de hoxe non é tan raro usar máis dun terminal a cotío

Sobre o autor

Reply