Xiaomi Mi Box, novo set-top box 4K con Android TV

Xiaomi anunciou hai uns días a súa intención de participar no Google I/O 2016 polo que todas esperabamos novidades, e estas chegaron no campo da televisión co lanzamento do Xiaomi Mi Box, un novo set-top box baseado en Android TV e con capacidade 4K.

xiaomi-mi-box-3

O novo dispositivo incorpora un procesador de catro núcleos (Cortex A53) con procesador gráfico Mali 450, 2 GB de memoria RAM e 8 GB de almacenaxe interna, ampliábeis a través de memorias externa por USB). É compatíbel cos vídeos en 4K Ultra HD de até 60 fps e trae de fábrica aplicacións como YouTube, Netflix, Sling TV, Vudu, FandangoNOW ou Pandora, e tamén con son en calidade DTS Surround Sound e Dolby Digital Plus.

xiaomi-mi-box-2

Ten un mando especialmente deseñado para os xogos, o Mi Game Controller, sen fíos e con motor de dobre vibración que segundo din pode acadar todo un ano de autonomía.

Polo de agora pouco se sabe da súa posíbel dispoñibilidade fóra dos Estados Unidos, único país no que de momento está confirmada a súa presenza.

Sobre o autor

Reply