Google permitirá compartir as apps mercadas por toda a familia con Family Library

Cando mercamos unha aplicación na Play Store a compra queda feita para sempre, polo que poderemos usala sen maiores complicacións en todos os dispositivos vencellados á nosa conta. Mais, que acontece se falamos de aplicacións que usa toda a familia? Google vén de dar resposta a isto con Family Library.

Presentada no marco do Google I/O 2016, Family Library é unha nova funcionalidade da Play Store que nos permitirá compartir as aplicacións que mercamos con até 6 familiares adicionais. A medida, que xa se aplican noutras tendas de outros sistemas, ten como principal obxectivo potenciar a venda de aplicacións e facer que as usuarias poidan aforrar un chisco.

Family Library estará dispoñíbel desde o 2 de xuño, pero tamén poderase aplicar ás compras realizadas con carácter retroactivo. Iso si, serán as desenvolvedoras quen deben ter habilitada esta funcionalidade, algo que Google recomenda facer

Máis info

Deixa un Comentario