Lebara rebaixa a 9 euros os 2 GB en prepago

Lebara é un OMV descoñecido por moitas, dado que centra a súa actividade nun nicho de mercado moi concreto, as persoas inmigrantes, a quen se dirixe cunha proposta comercial moi agresiva nas comunicacións internacionais e unha clara aposta polo cartón prepago, o que axiliza moitos trámites á hora de facerse cunha SIM.

A compañía, que emprega a cobertura de Vodafone, vén de facer unha nova rebaixa no prezo dos bonos de datos ao combinalos con Lebara Plus ou os bonos Flexi, acadando os 9 € no caso dos 2 GB de datos ou 6 € para os que só precisen 1 GB.

Con este movemento a compañía iguala o prezo dos 2 GB en prepago que ofrece Lycamobile, o outro operador móbil virtual especializado na comunidade inmigrante, aínda que nese caso baixo a cobertura de Movistar.

Sobre o autor

Reply