Samsung Pay chega o 2 de xuño ao noso país

Cada día queda máis claro que o futuro, cada vez máis presente, son os pagos desde o móbil. A nova da semana é que a primeira plataforma en chegar ao noso país será Samsung Pay, o día 2 se xuño. Polo de agora o servizo só vai funcionar se somos clientas de Abanca, La Caixa e El Corte Inglés, pero Samsung anunciou que xa ten conversas moi avanzadas con outras entidades para chegar a máis usuarias, e coñeceremos cales son nos vindeiros días.

Samsung adiantouse ao servizo de Google (Android Pay) e Apple (Apple Pay), pero no país xa están funcionando outras opcións de pagamento por NFC nos TPV co tecnoloxía Contactless, como Vodafone Wallet ou as apps desenvoltas pola propia banca.

samsung pay

O sistema de pagamento de Samsung ten un punto a favor e outro en contra.

  • A favor: non cobra comisións polas transaccións, o que favoreceu aos coreanos para ser o primeiro en implantarse no noso país.
  • En contra: polo de agora a listaxe é curta e limítase a terminais Samsung, pero non sería estrano que o servizo remate por extenderse a terminais doutras marcas.

Antes de que nos decatemos, deixaremos de lado a tarxeta de débito/crédito e o móbil farase imprescindíbel no noso día a día, se e que non o é xa.

Sobre o autor

Reply