Xiaomi Mi Drone: así é o drone de Xiaomi

Xiaomi segue aumentando os frontes abertos e vén de anunciar o seu primeiro drone, o Xiaomi Mi Drone, un trebello de control remoto con catro hélices que está dispoñíbel en dúas versións, unha con cámara capaz de gravar en 4K (3840 x 2160 píxeles) e outra FullHD, que grava a 60 frames por segundo.

xiaomi mi drone - 2

Para manexalo dispón dun mando a distancia que ten espazo para enganchar o móbil e ao tempo conectalo mediante microUSB ao propio mando para poder ver a imaxe en directo do drone, e que conta cun alcance de 3 quilómetros. Ademais dispón dun botón de emerxencia que fai aterrar ao drone no mesmo lugar desde o que despega.

xiaomi mi drone - 1

Pódenselle programar voos, de maneira que se a usuaria así o desexa pode deseñar un traxecto preestablecido e en canto á autonomía, dispón dunha batería de 5.100 mAh, que se traducen en 27 minutos de voo.

O Xiaomi Mi Drone custará 2999 iuáns (aproximadamente 410 euros) aa versión con cámara 4K, e 2399 iuáns (uns 340 euros) na versión FullHD. Que vos parece?

Deixa un Comentario