Tuenti lanza unha tarifa que devolve os cartos dos megas non consumidos

Seguindo os pasos de Lowi, a operadora low-cost de Vodafone, que devolve ás usuarias os megas non consumidos nas súas tarifas de datos, Tuenti (en mans de Movistar) propón un método semellante, a través do cal as súas clientas recibirán de volta os “cuartos de giga” non consumidos”, aínda que desta vez en forma cartos.

Malia o ben que soa a proposta, indo ao concreto dificúltase que as usuarias poidan recibir esa devolución, xa que os 7 € do GB divídese en fraccións, a razón de 1,75 € por cada 256 MB, pero establécese un pago mínimo mensual de 5,25 €, o que equivale a 3/4 do GB (768 MB).

A tarifa estará dispoñíbel tanto para as usuarias de cartón prepago como para as que prefiran contrato e permite adquirir un volume de datos entre 1 e 5 GB. O custe das chamadas é de 20 céntimos de establecemento e 0 céntimos por minuto, aínda que se inclúen 60 minutos de chamadas a través da aplicación de Tuenti (Voz Digital) a calquera destino (fixo, móbil, nacional e internacional) sen necesidade de que a destinataria teña a aplicación.

Tamén é preciso sinalar que esta tarifa comercialízase con 3G, e aquelas usuarias que queiran disfrutar de velocidades 4G deberán pagar 2 € extra, aínda que a cambio recibirán 250 MB de datos adicionais.

Sobre o autor

Reply