ZTE Axon 7, o novo buque insignia de ZTE

ZTE está de estrea. O fabricante chinés vén de anunciar o seu novo terminal de referencia, o ZTE Axon 7, un dispositivo de gama alta que chega disposto a medirse en pé de igualdade cos tope de gama dos principais fabricantes. Chega dispoñíbel en dúa versións, unha con 4 GB de memoria RAM e 64 GB de almacenaxe interna e outra que sube estas cifras até os 6 GB de memoria RAM e 128 GB de interna.

A súa pantalla é un panel tipo AMOLED de 5,5 polgadas con resolución 2K (2560 x 1440 píxeles), e no seu interior leva un procesador Qualcomm Snapdragon 820 a 2,2 GHz. A cámara principal é de 20 megapíxeles, mentres que no caso da frontal temos un modelo de 8 megapíxeles.

zte axon 7 - 2

En canto a autonomía, a súa batería ten unha capacidade de 3140 mAh e vén con funcionalidades Quick Charge 3.0, o que permite cargar o 50% da batería en apenas 30 minutos. Ademais incorpora lector de pegadas dixitais, espazo para ampliar a memoria mediante tarxetas microSD e conectividade USB-Tipo C. Como sistema operativo vén con Android 6.0.1 Marshmallow.

Sobre o seu prezo e dispoñibilidade, polo de agora unicamente está confirmada a súa presentaza nos Estados Unidos por un prezo de partida de 450 dólares, no modelo máis básico.

No Responses

Deixa un Comentario