Mininovas Android: a malla da semana

OnePlus rebaixa o prezo dos seus móbiles

OnePlus

Desde xa mesmo, podedes atopar o One Plus X e o OnePlus 2 por un prezo menor do habitual. O primeiro podédelo atopar a 239€ mentrs que o OnePlus 2 sae a 319€. Esta rebaixa acontece xusto cando está a piques de sair o OnePlus 3. Este movemento da empresa favorecerá a aquelas que non precisen o último smartphone do mercado, e poderán conseguir un bo terminal a un prezo máis axustado.

Google descataloga o Nexus Player

asus player

O dispositivo multimedia que sacou Google en colaboración con Asus xa non o podemos mercar a través de Google. Non queda claro se é que vai ser actualizado ou directamente eliminado da súa oferta pola mala acollida entre as consumidoras. O certo é que o mercado semella que vai noutra dirección e a aposta son as TVs con Android TV incorporada ou mesmo un Chromecast a un prezo moito máis interesante.

Twitter estaría traballando nun modo noite para a súa app móbil

Twitter IPO Raises $1.82 Billion With Value Topping Facebook

Na última versión alpha, aparece unha nova tonalidade de cores para a app. Esta nova cor, totalmente escura sería unha opción na que traballa a empresa, para en situacións de pouca luz a consulta de Twitter non nos moleste por un exceso de luminosidade, pasando do branco habitual a un azul escuro. Veremos se finalmente Twitter incorpora esta funcionalidade nunha versión final e en canto tempo.

Foursquare facilitará sitios de interese a Uber

uber

Foursquare conta cunha ampla base de datos de lugares con opinións das usuarias que estiveron nese lugar, restaurante, tenda,… que vai ser posta a disposición de Uber.

A partires de agora, se solicitamos un servizo a Uber con dicir ao lugar concreto ao que queremos ir, por exemplo “A Cafetería de Mallando” se está en Foursquare, xa non teremos que indicar nin a rúa nin o número, facilitando o uso de Uber. Veremos o que tarda en estar dispoñíbel no noso país.

Vodafone ofrecerá fibra indirecta de Movistar

vodafone

Desde o 1 de xuño e naquelas zonas a onde non chegue nin a fibra de ONO-Vodafone ou a ADSL, as clientas de Vodafone, estes ofrecerán grazas aun servizo indirecto a fibra de Movistar con velocidade 30/10 ao mesmo prezo que a oferta básica de Vodafone One desde 50€.

Iso sí, se na vosa zona, Vodafone non ten rede propia e Movistar non está obrigada a compartir a súa rede, non poderedes contratar este servizo.

Periscope xa permite gardar os vídeos de xeito indefinido

periscope

A plataforma de streaming de Twitter vén de incorporar unha interesante novidade. Desde agora poderedes gardar os vosos directos de xeito indefinido. Até o de agora, calqueira directo estaba aberto durante un prazo de 24 horas. Isto xa non é así pois eliminaron esta restricción tan característica de Periscope. Polo de agora está en fase beta e se queremos gardar un vídeo debemos por o hashtag #save no título do vídeo.

Sobre o autor

Reply