Amena regala 500 MB extra na tarifa básica durante o verán

A diferenza do que moitas pensan, as vacacións, e nomeadamente o verán, é unha das épocas do ano na que máis datos se consumen, dado que mudamos de hábitos e adoitamos compartir máis fotos e outros contidos multimedia. Por iso son varias as operadoras que pensan en promocións para estes meses grazas as cales temos máis datos que gastar e, polo tanto, poder subir máis fotos de pés na praia ou Estrellas Galicia no chiringuito que toque.

Entre elas temos a Amena. A operadora low cost de Orange vén de lanzar unha promoción na súa tarifa máis básica (1 GB de datos, chamadas a 0 cént/min e 60 minutos de voz IP por 6,95 €) grazas á cal as súas usuarias terán 500 MB de datos extra ao mes para navegar até o 15 de setembro, en total 1,5 GB unha vez sumado o giga habitual.

A promoción aplícase tanto a actuais como novas clientas, e sen ter que facer nada. Ademais, aquelas persoas que queiran seguir navegando a máxima velocidade unha vez consumidos os datos poderán facelo pagando 2,95 € por 500 MB extra.

Sobre o autor

Reply