Asus Zenfone 3, os novos terminais de referencia de Asus

O fabricante taiwanés Asus vén de anunciar esta mañá os Asus Zenfone 3, a nova familia de referencia da marca, que chega con tres modelos diferentes: o Zenfone 3, de gama media-alta, o Zenfone 3 Deluxe, cunhas prestacións máis avanzadas, e o Asus Zenfone 3 Ultra, a aposta por un dispositivo de maior tamaño.

En todos eles percíbese a evolución da marca, cunha aposta clara polos acabados metálicos e a incorporación de tecnoloxías como o lector de pegadas dixitais ou a carga rápida. Ademais veñen con Android 6.0.1, Marshmallow, e a interface propia Zen UI 3.0.

Asus Zenfone 3

O modelo básico, o Zenfone 3 incorpora unha pantalla FullHD de 5,5 polgadas. No interior apostan por un procesador fabricado por Qualcomm e 64 GB e memoria interna, ampliábeis mediante microSD. A cámara principal é de 16 megapíxeles e batería de 3000 mAh.

asus zenfone 3 - 2

Especificacións completas:

  • Pantalla de 5,5 polgadas (1920 x 1080)
  • Procesador Qualcomm Snapdragon 625
  • 4 GB de memoria RAM
  • 64 GB de almacenaxe interna (ampliábeis)
  • Cámara principal de 16 Mpx (Sony IMX298)
  • Batería de 3000 mAh
  • USB tipo C, LTE Cat 6, Bluetooth 4.2
  • Cores: dourado, azul, branco e negro

Asus Zenfone 3 Deluxe

Pola súa banda, o modelo Zenfone 3 Deluxe é o dispositivo máis aspiracional en canto a prestacións, apostando por unha pantalla de 5,7 polgadas (aínda que sen mellorar a resolución), procesador Snapdragon 820, 6 GB de memoria RAM e unha cámara de 23 megapíxeles.

asus zenfone 3 deluxe

A continuación deixámosvos as especificacións completas

  • Pantalla de 5,7 polgadas (1920 x 1080)
  • Procesador Qualcomm Snapdragon 820
  • 6 GB de memoria RAM
  • 64/128/246 GB de almacenaxe interna (ampliábeis)
  • Cámara principal de 23Mpx, con establizador
  • Batería de 3000 mAh
  • USB tipo C, LTE Cat 13, Bluetooth 4.2, dualSIM
  • Cores: prata e gris

Zenfone 3 Ultra

Por último, o Asus Zenfone 3 Ultra é un dispositivo con pantalla de grandes dimensións. A súa pantalla é de 6,8 polgadas, con resolución FullHD, e a batería medra até os 4600 mAh. Polo demais, recolle características dos outros dous modelos.

asus zenfone 3 ultra

Especificacións completas:

  • Pantalla de 6,8 polgadas (1920 x 1080)
  • Procesador Qualcomm Snapdragon 652
  • 4 GB de memoria RAM
  • 64 / 128 GBde almacenaxe interna (ampliábeis)
  • Cámara principal de 23Mpx, con establizador
  • Batería de 4600 mAh
  • USB tipo C, LTE Cat 136Bluetooth 4.2, dualSIM
  • Cores: prata, rosa e gris

Dispoñibilidade e prezos

O fabricante decidiu non compartir unha data, nin sequera aproximada, de dispoñibilidade, mais si que anunciou os prezos dos modelos máis básicos, resultando especialmente competitivos.

  • Zenfone 3: desde 299 dólares.
  • Zenfone 3 Deluxe: desde 499 dólares.
  • Zenfone 3 Ultra: desde 479 dólares.

Que vos parecen?

 

Sobre o autor

No Responses

Reply