Movistar regala unha liña adicional básica nos produtos converxentes

Movistar quere seguir mellorando a súa oferta converxente con novos cambios que as usuarias poderán disfrutar desde este mércores, 1 de xuño. En concreto as novidades chegan hoxe á súa oferta máis básica, Movistar Fusión+, que na actualidade conta con algo máis de 4 millóns de clientes.

Fusión Contigo incluirá desde xuño, e sen custe algún, unha liña móbil adicional básica con 200 MB de datos e chamadas a 0 céntimos / minuto, que se suma á primeira liña que xa inclúen os paquetes Fusión con 200 minutos de voz e 2 GB de datos.

Esta novidade súmase á recente mellora das velocidades de conectividade introducidas por Movistar para facer as simétricas as conexións de fibra, de maneira que ofrecen opcións de 30/30 Mbps ou 300/300 Mbps por 50 ou 62 euros. Naqueles lugares onde aínda non chegan con fibra as usuarias poden “disfrutar” de conexións ADSL á máxima velocidade que permita a liña.

Máis novidades durante o verán

Movistar aproveitou este anuncio para indicar que durante o verán chegará unha “revolución” no seu portfolio Fusión+, con novas opcións e prezos de contratación no servizo converxente, con novas liñas, todo o fútbol de cada xornada de Liga e contidos premium de cinema, series e resto de deportes, así como tamén canles á carta.

Sobre o autor

Reply