Así é o Samsung Galaxy S7 Edge Injustice Edition, inspirado en Batman

Non é a primeira vez que Samsung nos sorprende cunha edición especial dalgún dos seus dispositivos, especialmente daqueles máis exitosos. O último exemplo é novo Galaxy S7 Edge Injustice Edition, o trebello que conmemora o terceiro aniversario de Injustice: Gods Amongs Us e foi desenvolto en colaboración con Warner Bros.

Como se pode ver no vídeo do unboxing oficial, a caixa non só inclúe un terminal co símbolo de Batman gravado en ouro na parte posterior, senón que tamén leva unha funda protectora de goma inspirada na armadura do superheroe e uns lentes Gear VR.

samsung galaxy s7 edge batman - 2

Está previsto que se poña á venda este mesmo mes de xuño aínda que nunha edición moi limitada e restrinxida a uns poucos territorios, entre eles China, Singapur, Corea, Latinoamérica e Rusia, aínda que en breve anunciaranse novos lugares.

Deixa un Comentario