Bandeiras Azuis, a app para atopar os mellores areais do país

Estes días estivemos probando a app Bandeiras Azuis, coa que poderemos atopar dun xeito sinxelo os areais que recibiron a bandeira azul este ano, que é o máximo recoñecemento que poden acadar.

bandeiras azuis 03

Como vemos na captura, podemos establecer uns filtros para atopar máis axiña a praia que encaixa coas nosas preferencias, pois podemos filtrar por provincia, lonxitude, se conta con disfribilador, se ten ou non aseos públicos,…

Cando establecemos as nosas preferencias, amósasenos a listaxe de praias que encaixan e podemos ver algunha foto, unha pequena descrición do lugar e, non menos importe, como chegar.

bandeiras azuis 04

Sen dúbida Bandeiras Azuis é unha boa app para descubrir os espazos máis agochados na nosa contorna e por suposto para atopar areais cando imos de vacacións pola costa. Se queredes probar esta app, podedes descargala de balde na PlayStore

Deixa un Comentario