O Huawei P9 Plus chega hoxe ao noso país

Hoxe ponse á venda no noso país o Huawei P9 Plus, un dos actuais dispositivos de referencia da chinesa Huawei, que destaca polo seu rendemento e autonomía. No concreto, o modelo que se pon á venda é a versión “quartz grey”, que confirma a Huawei como un dos referentes no mercado da gama alta.

O dispositivo incorpora unha pantalla AMOLED de 5,5 polgadas sensíbel a diferentes níveis de presión, unha funcionalidade que aínda non empregan moitas aplicacións Android. No interior integra un dos últimos procesadores de fabricación propia, o HiSilicon Kirin 955, acompañado de 4 GB de memoria RAM e 64 GB de almacenaxe interna, que poden expandirse mediante tarxetas microSD de até 128 GB.

Huawei P9 Plus

Mención á parte merece a súa cámara, con dobre sensor de 12 megapíxeles fabricado en colaboración con Leica, que permite experimentar con efectos fotográficos profesionais e acceder a novos modos de cor, efectos de gran apertura, monocromo e RAW. Ter dúas cámaras permite detectar a profundidade de campo e conseguir efectos artísticos pouco habituais nos smartphones. No caso da cámara frontal, Huawei aposta por un sensor de 8 megapíxeles con lente gran angular e f/1.9

O Huawei P9 Plus tamén fai especial fincapé na batería, integrando un módulo con 3.400 mAh de capacidade, que ademais conta co sistema de carga rápida Dual-IC Rapid Charge. En canto a deseño, estamos ante un dispositivo unibody fabricado con corte de diamante cortes lixeiramente curvados, sendo o material perdominante é o aluminio, en combinación cunha pantalla lixeiramente curvada 2.5D.

Podemos mercar o novo Huawei P9 Plus desde hoxe por 749 € no mercado libre ou a través das operadoras con promocións especiais.

Deixa un Comentario