72 novos emojis para as nosas comunicacións

Necesitabámolos. Tras varios meses de traballo (que pareceron anos!) a xente de Unicode, organismo que se encarga de estandarizar moita da linguaxe de Internet, vén de aprobar a integración de 72 novos emojis, que chegarán con Unicode 9.0 a partir do 21 de xuño.

Entre as nova simboloxía atopámonos de todo, desde un paiaso con certa pinta diabólica a un mentirán caracterizado como Pinocho, mais tamén a Mamá Noel, unha muller preñada, alguén facendo un selfie e un imprescindíbel: o facepalm.

unicode-9-emojis-emojipedia

Tamén chegan novos animais, como o corzo, o raposo, un gorila, un morcgo, unha aguia, un pato, un búho, un tiburón, unha gamba… e entre os comestíbeis destacan as hortalizas (cenoria, pepino, …), a barra de pan, o kebab, a ensalada ou a paella, esta última moi reivindicada pola xente do País Valencià.

Este novo pack de emojis chegará, como xa dixemos, a partir do 21 de xuño, aínda que para poder disfrutalos o máis probábel é que teñamos que esperar algo máis, xa que tamén depende das aplicacións que os integren, dos teclados que poidamos empregar ou dos sistemas operativos.

Vía

Sobre o autor

Reply