O chat de Facebook na web ten os días contados

Cando unha empresa muda un servizo que estamos afeitas a empregar a nosa reacción como usuarias pode ser do máis diferente, aínda que basicamente temos dúas opcións: achantar e adaptarnos ao novo escenario ou seguir apostando pola opción caduca, aínda que esta quede sen soporte.

Un dos últimos exemplos é Facebook, que quere pór punto e final ao seu servizo de chat interno para apostar unicamente pola súa aplicación adicada, Messenger. O primeiro paso para facer isto foi separar as dúas aplicacións, aínda que empregando a versión web móbil podíase seguir usando o chat sen ter a aplicación de mensaxería instalada.

Porén, esta opción ten os días contados, pois cando tratamos de acceder agora ao chat desde http://m.facebook.com no noso Android sáenos un aviso que nos indica que, dentro de moi pouco, unicamente poderemos ver as mensaxes a través de Messenger.

 

Sobre o autor

Reply