A malla da semana: novidades en Hangouts, tendas físicas de bq e moito máis

Geeksme engade a notificación de chamadas e sms ao seu LifeLoversWatch

live lovers watch geeks me

Na última actualización para o seu smartwatch, Geeksme engadiu as notificacións para chamadas e mensaxes de texto. Estas notificacións serán tanto visuais coma con vibración, o que é unha boa nova pois aumenta moito as posibilidades deste reloxo. Lembrade que o Life Lovers Watch é compatíbel tanto con Android coma con iOS. Se queredes botarlle un ollo á nosa análise do trebello podedes facelo nesta ligazón.

Xa sabemos a data de presentación do One Plus 3

OnePlus

O novo terminal de One Plus será presentado o vindeiro 15 de xuño e porase á venta ao día seguinte. Unha das novidades que trae este novo terminal é que poderémolo mercar sen convite mentres o stock non se esgote.

Hangouts engade Direct Share

google hangouts

Na actualización 10.0, Hangouts contará cunha interesante novidade, Direct Share. Esta nova funcionalidade permitirá ás usuarias compartir arquivos de xeito sinxelo desde o menú compartir. Grazas a  Direct Share xa non precisamos seleccionar primeiro a app e despois o contacto para enviarlle calquera tipo arquivo. Será moito máis rápido e doado.

Xiaomi e Microsoft serán socios

Xiaomi

Xiaomi e Microsoft veñen de asinar un acordo polo cal os terminais deste fabricante chinés contarán co paquete ofimático de Microsoft, o Microsoft Office. Desde o mes de setembro, os Xiaomi Mi5, Mi Max e Mi 4S venderanse con Microsoft Word, Excel, PowerPoint, Outlook e mesmo Skype preinstalado.

bq abre as primeiras tendas físicas

bq_negro_para_fondo_claro

A empresa española bq abriu o día 3 de xuño as súas primeiras tendas físicas. Os lugares elixidos foron Madrid e Barcelona, e nestas novas tendas non só poderemos mercar terminais se non que tamén serán centros de reparación express (en 2 horas teremos o terminal reparado), ademáis de servir de centros de divulgación tecnolóxica.

A dúbida que se nos plantexa agora é se estas dúas serán as únicas tendas que abrirá a empresa ou a se bq pensa abrir máis noutras rexións.

Pump Express 3.0 é o novo sistema de carga de MediaTek

mediatek mwc15

Esta semana coñecemos o novo sistema de carga ultrarrápido de MediaTek. denominado Pump Express 3.0. Con este sistema de carga garante un 70% de batería logo de 20 min de conexión á corrente. Este novo sistema é todo un avance nos terminais que conten con procesadores MediaTek.

O Pump Express 3.0 estará dipoñíbel para os terminais que conten co SoC Helio P20 e ademáis será compatíbel co USB Type-C.

Sobre o autor

Reply