Asus ten uns lentes de VR, pero non os anunciou oficialmente

Asus anunciou a semana pasada os seus novos Zenfone 3, tres novos modelos de smartphone da súa liña referencial, que se diferenzan tanto no seu tamaño como polas súas prestacións. Durante o evento de presentación, celebrado no marco do Computex de Taipei, non fixeron referencia algunha á realidade virtual, malia ser un dos temas que máis está dando que falar nos últimos meses e interesar a todos os fabricantes.

Porén, na zona reservada para as demos púidose ver un modelo de lentes VR tras unha vitrina, cun deseño moi semellante ás Gear VR de Samsung, aínda que cunhas cintas de coiro que lle aportan unha sensación de calidade maior.

Haberá que estar moi atentas ás novidades deste fabricante dos próximos meses, pois parece que non ha tardar moito en aparecer información sobre este tema.

Deixa un Comentario