Google patenta un “velcro” para atrapar peóns nos atropelos

Cando un coche atropela un peón o máis probábel é que este saia despedido, multiplicándose os problemas derivados do impacto. Por iso Google, que leva tempo interesado no mundo da automoción, está formulando propostas pare reducir as consecuencias deste tipo de accidentes.

A última idea é unha patente rexistrada no 2014 e que foi admitida nas últimas semanas, pola que Google propón un capó adhesivo que se encargaría de atrapar aos peóns, de tal xeito que unha vez atropelados, no canto de saír despedidos ficarían pegados ao coche, reducindo así outros impactos.

google velcro - 2

Segundo parece, a xente de Mountain View pensouno todo e este material tería un recubrimento que evitase que queden pegados insectos ou suciedade, activándose unicamente de xeito inmediato ao ter contacto cun peón.

En calquera caso a existencia desta idea non quere dicir que vaia ser levada á práctica, pois semella que o fundamental é traballar en evitar que o atropelo chegue a producirse, pero soar non soa mal, non?

Sobre o autor

Reply