Twitter para Android actualízase con Material Design

Tras bastante tempo sen cambios estéticos, Twitter lanzou á tardiña de onte a versión 6.0 da súa aplicación para Android, que integra unha nova interface adaptada a Material Design, que ademais do cambio visual resulta máis doada e rápida de empregar.

Un dos cambios máis significativos é a aparición dun novo menú lateral, ao que podemos acceder arrastrando o dedo. Nel atoparemos as opcións de configuración e o acceso ás listaxes que poidamos ter elaboradas na nosa conta, así como ao apartado Connect.

twitter 6.0

Ademais incorpórase un novo botón flotante, que xa coñecemos de outras aplicacións xa adaptadas ás liñas de deseño de Material, que nos permite crear contido de forma moito máis rápida. Así mesmo, as pestanas superiores tamén adoptan o novo modo de moverse entre elas con desprazamentos, para pasar rapidamente do timeline ás tendencias, notificacións e mensaxes privadas.

A nova versión de Twitter xa se está a despregar entre os nosos Android, polo que nas próximas horas teremos a aplicación dispoñíbel para actualizar na Play Store (se non se nos actualizou xa).

Sobre o autor

Reply