Probamos o Energy Phone Max 4000

Durante unhas semanas estivemos probando un dos últimos terminais da empresa española Energy Sistem, o modelo Energy Phone Max 4000, cuxa principal baza diferenciadora é a capacidade da súa batería, situada nos 4000 mAh de capacidade.

2016-05-13 11.22.19

O primeiro que chama a atención deste terminal é, xa de primeiras, o seu packaging. Sempre é de agradecer que, malia non estarmos diante dun terminal premium, o deseño da caixa e os elementos presentes no seu interior fagan pensar o contrario, e que o fabricante poña certo mimo nunha boa primeira impresión. Dentro da caixa atopamos unha guía de acceso rápido, stickers e até un protector para a pantalla.

2016-05-13 11.14.27

Mais, como diciamos ao comezo, un dos principais reclamos deste terminal é a capacidade da súa batería, polo que comezaremos falando disto. Segundo as nosas probas, conseguimos case 6 horas de pantalla, polo que seguindo un patrón de uso máis ou menos intensivo podemos acadar as dúas xornadas completas de autonomía sen problema. Isto ten moita relevancia, se temos en conta que por norma xeral temos que andar enchufando os nosos móbiles cada noite

Screenshot_2016-05-18-11-51-13

Especificacions técnicas

Do resto de especificacións técnicas, as máis destacábeis son as seguintes:

  • Pantalla IPS de 5 polgadas con resolución HD.
  • Procesador de catro núcleos a 1.3 Ghz e GPU ARM Mali-400MP2.
  • 1 GB de RAM.
  • 8 GB de ROM que se complementa cunha microSD de até 128 GB.
  • Cámara principal de 5 Mpx con flash led.
  • Dual SIM.
  • Android 5.1

Experiencia de uso

Como se comentou no apartado anterios, as especificacións deste modelo son as dun dispositivo de gama entrada ou media baixa. O procesador, xunto coas capacidades de RAM e ROM permítennos levar a cabo as operacións máis básicas sen problema e cunha fluídez claramente superior á que temos visto noutros modelos de semellantes características técnicas. Porén cando pedimos moito do dispositivo notamos que, efectivamente, as características dan para o que dan.

A pantalla funciona especialmente ben en exteriores, permitindo unha visualización óptima a pesar de ter incidencia directa do sol, e cámara principal permítenos gardar momentos do noso día a día: as imaxes teñen unha calidade aceptábel en condicións de boa luminosidade. Na nosa galería de Flickr podedes ver unha selección de fotos sacadas con este modelo.

Ademais da boa autonomía, tamén caba destacar o deseño do Energy Phone Max 4000. Ten un tacto gomoso que transmite unha moi boa sensación na man, que se ve mellorada co escaso grosor que ten o terminal (tendo en conta a batería que inclúe), pois tan só é de 9,1 mm.

2016-05-13 11.21.52

Energy Phone Max 4000: a quen vai dirixido?

Visto o terminal e tras telo probado, a nosa opinión é que este modelo está dirixido ás usuarias que principalmente fan uso do seu móbil para as redes sociais e aplicacións de mensaxería tipo WhatsApp / Telegram. Para estes usos, o dispositivo, que tan só custa arredor de 100 euros, ten un rendemento correcto, ademais dunha moi boa autonomía, combinación que é difícil conseguir con tan poucos cartos.

Pódese mercar nas principais tendas de telefonía móbil, ademais de online, por exemplo en Amazon.

Deixa un Comentario