1 GB para a finde por 1,99 €, a nova proposta de Simyo

Hai unhas semanas Simyo sorprendeunos cunha peculiar proposta pola cal podemos contratar 1 GB de datos par consumir en horario nocturno por 1,99 €/mes, e agora fai o propio cunha versión alternativa desta pensada para as fins de semana, momentos nos que moitas usuarias concentran o groso do seu gasto.

Os novos bonos de fin de semana deste operador permítennos contratar 1 GB de datos por 1,99 €/mes e / ou 100 minutos de voz por 0,99 €/mes, que podemos consumir entre as 15h dos venres até as 24 horas do domingo.

Con esta nova proposta multiplícanse as opcións de tarifas á carta que podemos contratar con Simyo, xa que nos permite elixir o volume de datos (100 MB, 500 MB, 1 GB, 2 GB ou 3 GB) e de minutos (30, 100, 200, 300 minutos) que queremos contratar, aínda que se somos máis vagas podemos seleccionar algunha das opcións xa feitas. Tanto o bono nocturno como o de fin de semana pódense contratar a maiores ao resto ou de xeito independente, segundo os nosos usos.

Simyo emprega a rede de Orange e todas as súas tarifas de datos permiten navegar a velocidades 4G sen custe engadido.

Deixa un Comentario