Probamos o Coolpad Porto S

Seguimos coas probas de terminais máis accesíbeis. Se onte falamos do Energy Phone Max hoxe é a quenda dun dispositivo de Coolpad, o Coolpad Porto S, un dispositivo que podemos atopar á venda por 129 euros.

coolpad porto s 01

Coolpad Porto S: especificacións

O trebello conta cunhas prestacións modestas, adaptadas ao seu prezo. A continuación detallamos as máis relevantes:

  • Pantalla IPS LCD de 5″ e resolución 720 x 1280 con 294 ppi.
  • Procesdor Mediatek MT6735P con CPU Quad-core a 1.0 GHz.
  • 1 GB de RAM.
  • 8 GB de ROM.
  • Batería de 2000 mAh.
  • Cámara principal de 8 mpx f/2.4 con flash dualLED e a secundaria conta con 2 mpx.
  • DualSIM.
  • MicroSD até 64 GB.

Como vedes, con estas características podemos afirmar que non é un terminal de primeiro nível, pero que cumpre en tarefas sinxelas, como poden ser a consulta a actualización das nosas redes sociais, a xestión do correo electrónico e a reprodución de contidos multimedia. Iso si, debemos ter en conta que a pantalla ten unha calidade xusta.

Cámara e batería

No que ten a ver coa cámara de fotos, durante o período de probas puidemos comprobar que é un modelo suficiente para ter un recordo do noso día a día ou para compartir nas redes sociais. Os resultados podedes velos na nosa biblioteca de Flickr.

Por outro lado, un dos aspectos que nos deixou moi satisfeitas foi a duración da súa batería, pois cun uso normal sacámoslle preto de 5 horas de pantalla, o cal é máis ca suficiente para chegar sen problemas ao fianl do día, tendo en conta o tipo de usuaria á que vai dirixido o terminal.

coolpad porto s 04

Algo que debemos ter moi en conta é que neste dispositivo é moi necesaria a expansión vía microSD coa que conta este terminal, porque malia ter os 8 GB de memoria interna para a usuaria quedan arredor de 3 GB despois de instalar menos das aplicacións que usamos habitualmente, o que pode non ser abondo para moitas.

coolpad porto s 05

En resumo, pesamos que o Coolpad Porto S vai dirixido a un perfil de usuaria que se inicia cos terminais intelixentes ou que só o precisan para consultas puntuais ou manexo de aplicacións de mensaxería. Como vos diciamos, o Porto S podédelo atopar tanto en tendas físicas coma online por un prezo aproximado de 129€.

Sobre o autor

Reply