Mininovas Android: iMessage en Android, Galaxy Note 7 e máis

Android Device Managar permitirá brickear o teu smartphone

android boneco

Ns terminais Android, Google xa permitía borrar o contido do noso smartphone, algo que resulta moi útil se perdiamos ou nos roubaban o móbil e mesmo se se nos escacha a pantalla e temos que levalo a reparar. Agora, todo apunta a que Google vai introducir a posibilidade de facer dos nosos smartphones un pisapeis e deixalos inservíbeis, polo que no caso de roubo, non poderá ser revendido.

Whatsapp deixará de funcionar en versións antigas de Android

logo whatsapp

A día de hoxe, no noso país poucos terminais activos quedarán con Android 2.1 e 2.2, pero se é o voso caso tede en conta que desde xaneiro de 2017, Whatsapp vai deixar de funcionar nestas versións. Tedes marxe para tentar actualizar eses terminais se é que se pode ou ir aforrando para mercar un máis actual.

Pecha Rakuten

Rakuten

Esta semana chegou a nova de que a tenda xaponesa Rakuten pecha no noso país a finais de Agosto. Aínda así, non marcha de Europa, pero si deixa de apostar polo noso país no que non se ve quen de competir. Unha mágoa, pois frecuentemente lanzaba productos a prezos inmellorabéis.

O seguinte Note será o 7?

galaxy note 7 teaser

Como cada ano, o Galaxy Note de Samsung renóvase. Este ano non vai ser diferente e a versión que toca é a 6. Dicimos que tocaría, pois todo apunta a que se vai saltar e pasaremos directamente ao Note 7 tal e como vemos nunha imaxe extraída do teaser.

O motivo? Levar á par tanto a familia Galaxy coma a Note e comercializar ao tempo a versión 7 dos seus flagship.

iMessage chegará a Android?

iMessage

Na conferencia anual de Apple do ano pasado confirmouse a chegada a terminais Android do seu servizo de música en streaming coñecido como Apple Music. Na deste ano, que se vai celebrar en poucos días, todos os rumores sinalan que os de Cupertino van confirmar a chegada da súa app de mensaxería (iMessage) á Google Play convertíndose nunha app multiplataforma. O día 13 de xuño veremos se se confirma ou non.

Deixa un Comentario