Movistar acelera o despregamento de 4G

No tema do 4G, Movistar sempre foi un pouco a remolque das demais. As que levades máis tempo seguindo o blog de seguro lembrades o momento no que se lanzaron as primeiras redes 4G no noso país: tras o anuncio de Yoigo, Orange e Vodafone adiantáronse no despregamento, e hoxe en día Vodafone lidera o despregamento coa mellor – e máis rápida – rede de datos móbiles. Movistar, naquel momento, decidiu esperar e apoiarse na rede LTE de Yoigo.

Durantes estes 3 anos a cobertura foi mellorando notabelmente, facendo que o 4G chegase a localidades de mediano e pequeno tamaño, cun ritmo de expansión bastante áxil. Movistar, que sempre se mantivo nun segundo plano, vén de actualizar os datos do estado do seu despregamento, asegurando que conta cunha cobertura aproximada do 95% da poboación española.

Esta cifra situaría ao operador azul lixeiramente por riba de Vodafone, que conta co 94% de cobertura, e de Orange e Yoigo, que van polo 87 e 84%, respectivamente. Segundo estes datos, 3.596 concellos xa dispoñen de 4G de Movistar, fronte os 2.750 de Vodafone e os 1.300 de Orange.

En gran medida estas cifras explícanse polo uso das antenas con cobertura na banda de 800 MHz, que teñen un maior alcance e penetración en interiores. A final de ano Movistar tería previsto ter 7.500 das 14.00 antenas adaptadas a esta frecuencia.

Cal é a vosa experiencia co 4G?

Deixa un Comentario