Vodafone duplica os megas en prepago durante o verán

Hai uns días falámosvos da promoción de verán de Lowi, o operador low cost de Vodafone, que duplica os megas polo mesmo prezo durante os meses estivais. Agora é a propia Vodafone a que pon en marcha a súa promoción veraniega, duplicando os datos nas tarifas de cartón prepago.

Deste modo, desde onte e até o 31 de agosto as tarifas prepago de Vodafone quedan como segue:

  • Yuser: 20 minutos e 2 GB de datos por 10 €.
  • SuperYuser: 50 minutos e 3 GB por 15 €
  • MegaYuser: 100 minutos e 4 GB de datos por 20 €
  • Vodafone Internacional Smartphone: 60 minutos en chamdas nacionais e internacionais e 3 GB por 15 €.
  • Vodafone in Spain for Tourists: 60 minutos en chamadas nacionais e internacionais e 3 GB por 15 €.

A promoción aplícase a todas as clientas de xeito automático, actuais e novas usuarias, en canto se activa ou renova un bono de datos.

Deixa un Comentario