HP Omen X VR: un ordenador na mochila

Por levar, podemos levar de todo nunha mochila (mesmo había quen levaba un país), pero estes días descubrimos un uso que chamou a nosa atención: o ordenador mochila. Non, non estamos a falar de alguén que tivo a xenial de idea de meter o seu portátil nunha bolsa que levar nas costas, senón do novo HP Omen X VR, que aspira a ser o ordenador portábel dun perfil concreto de usuarias.

Este novo dispositivo, que de momento é un prototipo, está pensado para a realidade virtual, dado que para empregar os lentes máis avanzados (como as Oculus Rift ou as HTC Vive) precisamos un computador potente, de maneira que neste trebello atoparemos prestacións á altura.

hp omen x vr - 2

Aínda que non se avanzaron todas as súas especificaciósn finais, estaríamos a falar dun modelo con procesador Intel i5 ou i7, 32 GB de memoria RAM e unha tarxeta gráfica por concretar. Leva dúas celdas de batería, unha para a CPU e outra para a tarxeta gráfica, que lle dan unha autonomía de unha hora. O curioso é a presenza dunha terceira batería que ten como única función permitir manter o ordenador aceso mentres intercambiamos as outras dúas unha vez rematadas.

Tampouco se falou moito de canto vai pesar o modelo final que poderemos mercar nalgún momento deste ano, aínda que si que se indicou que estará por baixo dos 4,5 kg, un sacrifio que teremos que pasar para levar a nosa experiencia de xogo fóra da nosa casa.

Que vos parece?

Sobre o autor

Reply