Vodafone duplica os gigas en verán e lanza “+Líneas Vacaciones”

Esta semana chega o verán, e con ela as promocións das operadoras móbiles. Como xa vos fomos contando estes días, a meirande parte delas apostan por aumentar os datos gratuitamente de xeito promocional. É o caso de Vodafone, que tras anunciar melloras en prepago vén de replicar a promoción para as clientas de contrato, aínda que con outras condicións.

Vodafone permitirá ás usuarias de postpago (contrato) disfrutar do dobre de datos que teña a súa tarifa sen ter que pagar máis, aínda que a promoción terá un custe de alta de 3 €. Poderáse activar entre o 15 de xullo e o 31 de agosto, podendo disfrutala até o 21 de setembro.

+Líneas Vacaciones, pensando nas segundas residencias

Ademais, Vodafone lanza unha nova proposta pensada para segundas residencias ou para eses momentos de vacacións, chamada “+Líneas Vacaciones”. Trátase de bonos de datos que permiten elixir a cantidade e duración, sen cotas fixas, e están dispoñíbeis en 3 opcións:

  • Bono Finde: 5 GB por 5 €, cunha duración de 3 días desde a activación.
  • Bono Semana: 10 GB por 10 €, cunha duración de 7 días desde a activación.
  • Bono Mes: 50 GB por 20 €, cunha duración de 30 días desde a activación

R216Z vodafone

Esta proposta pode complementarse cun módem WIFi (R216Z), con velocidades de até 150 Mbps, por 4 €/mes durante 12 meses ou cun router Huawei (B310), por 9 €/mes durante 12 meses.

Sobre o autor

Reply