Wiko Lenny 3 con deseño metálico por 119 euros

O fabricante Wiko vén de anunciar o Wiko Lenny 3, a terceira xeración do seu dispositivo básico, orientado a un público xuvenil ou persoas que non queren gastar moito nos seus trebellos.

O trebello, que incorpora a última versión de Android (6.0 – Marshmallo), está equipado cun procesador de catro núcleos con arquitectura Cortex A7 e unha frecuencia de 1,3 GHz, acompañado de 1 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis noutros 64 GB extra a través de memorias microSD. A súa pantalla é un panel IPS de 5 polgadas e resolución HD (1280 x 720 píxeles, 294 ppp).

wiko lenny 3

As súas cámaras son de de 8 e 5 megapíxeles, a principal con flash LED e frontal con flash de pantalla. En canto á batería, dispón dun modelo de 2000 mAh, que polas súas prestacións debería ser unha capacidade máis ca suficiente para ter día e medio de autonomía cun uso normal. Vén con Bluetooth 4.0 e función dual SIM, que nos permite dispór de 2 liñas de teléfono no mesmo dispositivo.

En canto acabados, o fabricante apostou polo metal na súa carcasa, con bordes redondeados e parte traseira lisa, o que facilita o agarre do dispositivo.

O Wiko Lenny 3 está dispoñíbel en tres cores (gris espacial, dourado e turquesa) por 119 euros.

Sobre o autor

Reply