Poncho é a mascota que te espertará cada día

Un espertador. Que aplicación pode haber máis básica ca esa? A primeira vista poucas, mais o certo é que si que é posíbel innovar con elas. Hoxe queremos falarvos de Poncho: Wake Up Weather, que precisamente dálle unha volta a este tipo de apps.

As orixes de Poncho son unha divertida aplicación do tempo, que vén de complementarse cunha opción de alarma para comezar o día. En canto aso pronósticos, non serán as típicas mensaxes sosas, senón que ofrecerán divertidas mensaxes.

No que se diferenza doutras apps é que cando soa unha alarma programada, non se activan os típicos sons máis ou menos estridentes, se non que en base ao tempo previsto para o día soa unha música diferente, é dicir, se agardamos un día con sol e unha boa temperatura, soará unha música motivadora e se pola contra o pronóstico do tempo da choiva, a música será máis relaxada.

poncho 02

Polo de agora só podemos empregar a función de alarma na nosa rexión pois os pronósticos do tempo semella que só se poden consultar para os EUA. Se queres descargar a app para probala, premendo nesta ligazón facédevos tester e despois xa poderedes descargala desde a PlayStore de balde.

Sobre o autor

Reply