Mininovas Android: a malla da semana

Twitter xa permite vídeos de até 140 segundos

Twitter IPO Raises $1.82 Billion With Value Topping Facebook

Desde esta semana as usuarias de Twitter podemos subir vídeos de até 140 segundo mellorando moito os 30 segundos actuais. Ademáis usuarias destacadas, poderán subir vídeos que poden chegar aos 10 minutos. Para poder subir vídeos máis longos, só tedes que ter a app actualizada, pois é un funcionalidade que xa esta aberta para todas.

Google Maps amosa o que é cada negocio

En Google Maps os negocios xa se podían organizar por categorías, pero de agora en diante, na vista de mapa poderemos ver a subcategoría á que pertencen. Polo de agora só se está a aplicar no Xapón, onde, por exemplo, pódese mirar que tipo de restaurante é cada un.

google maps negocios

 

Instagram contará cun tradutor automático

instagram

Unha das seguintes funcionalidades que vai chegar a Instragram é un tradutor que permite traducir tanto as biografias coma os comentarios. Esta posibilidade chegará o vindeiro mes de xullo. Tede en conta que poden aparecer problemas de traducción en publicacións antigas ou con idiomas non detectados ou soportados.

Estes son os termininais Nexus que recibirán Android N e O

Esta semana, flitrouse unha imaxe na que se pode ver a data na que os actuais Nexus deixarán de recibir actualizacións.

Nexus Android N O

Como vedes na imaxe, só os Nexus 6P e 5X deixarán de recibir actualizacións o vindeiro ano polo que todo apunta a que recibirán tanto Android N coma O, mentres que o Nexus 6 e 9 só van recibir Android N.

Esta información, pode axudarnos a decidir que terminal mercar e cando para tentar recibir o maior número de actualización posíbeis.

ACER foi hackeada e afectou a case 35 mil usuarias

Acer hackeada

O pasado mes de maio ACER sufriu un ataque polo cal foron vulneradas os números de tarxetas de débito e crédito dunha morea de usuarias, códigos de seguridade e mesmo nomes e direccións. Esta semana soubemos que a cifra de usuarias afectadas chegou até as 34500. Sen dúbida, unha cantidade moi importante. As usuarias afectadas concéntranse nos EUA, Porto Rico e Canadá.

Polo de agora non sabemos nada dos posíbeis responsábeis do ataque e de seguro non saberemos nada até que a investigación aberta, remate.

Sobre o autor

Reply