Houzz, a mellor app de decoración que atoparemos na Play Store

A pouco que zapeemos vemos que tanto na TDT coma na televisión por cable abundan os programas de decoración ou reformas. Nestes tempos de crise, unha boa decoración, a prezos axustados, poden cambiar por completo o aspecto do noso fogar facendo del un espazo totalmente novo.

Por iso, estes días estivemos probando Houzz unha app de decoración que ademáis ven de ser nomeada a mellor aplicación Android do ano no pasado Google I/O.

A aplicación vai dirixida tanto a usuarias que precisan ideas ou servizos pero tamén a empresas do sector que buscan promocionarse na procura de clientas. En base a isto, nas opcións da app atopamos un pouco de todo.

Screenshot_2016-05-31-09-26-46

Como vemos na captura, podemos acceder directamente a produtos, profesionais ou fotos en xeral. Para que sexa máis doado atopar o que buscamos, se prememos en productos podemos filtrar tanto por estilo coma por categoría de producto ou mesmo por país onde atopar ese productos que desexamos. Neste apartado destacamos unha listaxe moi ampla de productos cos seus prezos e ligazóns ás tendas onde se venden para que sexa moito máis doado conseguir o que queremos.

Screenshot_2016-05-31-09-27-25

No caso dos profesionais o principal filtro que atopamos é por ubicación. Unha vez que damos cunha, se prememos no seu perfil podemos ver mostras do seu traballo e contactar directamente con ela para facer unha consulta sobre a nosa situación a ver se nos poden axudar.

Screenshot_2016-05-31-09-27-00

Algún dos puntos que máis nos gustou da aplicación foron os seguintes. Por unha banda, se nos mergullamos no máis profundo da aplicación, podemos atopar etiquetas sobre productos nalgunhas fotos de estancias propostas. Estas etiquetas serven para ver como quedaría o producto colocado ao tempo que ver as súas características e prezos.

Screenshot_2016-05-31-09-33-36

A outra cousa que nos gustou da app foi que temén conta cun apartado de artigos propios de Houzz os máis puro estilo das revistas en papel de decoración ademáis dunha zona de consellos nos que ademáis de facer as nosas preguntas que serán respondidas por usuarias da app (profesionais ou non).

Logo dunha tempada usando Houzz entendemos a razón do seu nomeamento coma mellor app Android do ano, pois conta cunha ampla base de datos, chega a todos os membros interesados (xente que precisa un producto ou servizo e os profesionais que o ofrecen) nunha temática común.

Se queredes probar Houzz podedes premer nesta ligazón á Play Store para descargala de balde.

Sobre o autor

Reply