Samsung prepara un Galaxy S7 Edge polas Olimpiadas

Samsung xa nos ten afeitas a preparar edicións especiais dos seus terminais de referencia, e co seu dispositivo estrela actual, o Samsung Galaxy S7 Edge, non ía ser menos.

Hai apenas unhas semanas falámosvos dunha edición especial inspirada en Batman, o “Injustice Edition”, e agora vimos de descubrir que o fabricante surcoreano tamén prepara unha edición co gallo dos Xogos Olímpicos de Brasil 2016.

samsung galaxy s7 edge xogos

As especificacións técnicas son as mesmas que o modelo orixinal, e tamén coincide o deseño, aínda que nos acabados atopamos formas inspiradas nos aneis olímpicos. Ademais, este “S7 Edge Olimpic Edition” viría con temas exclusivos, aplicacións preinstaladas relacionadas cos xogos e mesmo unha animación de arranque diferente.

Que vos parece?

Sobre o autor

Reply