Google desvela o nome de Android 7.0: Nougat

Cada nova versión de Android leva asociada un doce postre, un xeito divertido de quedarse coa xente. A única regra que seguen é unha orde alfabética, e á versión deste ano tócalle o N. Tras moitos xogos, mesmo dando pé a que a xente enviase as súas propostas, o nome escollido é Nougat.

android nougat 2

Nougat, que xa ten as súa estatua na sede de Google en Mountain View, súmase a unha listaxe da que forman parte Apple Pie (1.0), Banana Bread (1.1), Cupcake (1.5), Donut (1.6), Éclair (2.0 / 2.1), Froyo (2.2), Gingerbread (2.3), Honeycomb (3.0 / 3.1 / 3.2), Ice Cream Sandwich (4.0), Jelly Bean (4.1 / 4.2 / 4.3), KitKat (4.4), Lollipop (5.0 / 5.1) e Marshmallow (6.0).

Nougat será a versión 7.0 do noso sistema operativo favorito, e chegará nos próximos meses de maneira oficial xunto dous novos Nexus, que se atendemos aos rumores estarán fabricados por HTC e Huawei.

Que vos parece oo nome escollido?

Deixa un Comentario