Máis de 75 praias galegas terán 4G de Vodafone durante este verán

Vodafone vén de reforzar a cobertura da súa rede móbil en Galiza para garantir a experiencia das usuarias durante o verán, meses nos que se intensifica o uso das redes móbiles coincidindo coa época de maior mobilidade debido ás vacacións.

O plan de reforzo de rede da compañía mellora a cobertura 4G en máis de 40 concellos turísticos, e en 46 disfrutarán por primeira vez este verán da cobertura 4G, que permite facer un uso intensivo da rede con maior calidade e velocidade de conexión.

Vodafone tamén puxo o foco nas praias, especialmente naquelas nas que existe unha alta densidade de usuarias, de maneira que este verán ás máis de 75 praias principais repartidas por todo o litoral do país disporán de cobertura 4G.

A operadora conta con cobertura 4G en máis de 250 dos 324 concellos de Galiza, cubrindo o 95% da poboación. Ademais, en 220 concellos xa se ten mellorado a cobertura en interiores grazas ao uso da banda dos 800 Mhz e 40 dispoñen de rede 4G+, que permite acadar os 300 Mbps de descarga. Así mesmo, Vodafone confirma que o 4G está presente no 100% dos concellos de máis de 5000 habitantes e en máis do 75% das poboacións entre 1000 e 5000 habitantes.

Deixa un Comentario