A Samsung Galaxy Tab A 2016 ponse á venda no noso país

Cada vez fálase menos das tablets, en certa medida porque semella haber un estancamento neste tipo de produtos. Mais hoxe toca falar de Samsung, que vén de anunciar que a súa Galaxy Tab A 2016 xa está á venda no noso país por 279 euros.

O trebello incorpora unha pantalla de 10,1 polgadas tipo TFT WUXGA, con resolución de 1920 x 1200 píxeles. No seu interior leva un procesdor fabricado pola propia Samsung, o Exynos 7870, de 8 núcleos a 1,6 GHz, xunto con 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis noutros 200 GB a través de tarxetas microSD.

samsung galaxy a 2016 - 2

A cámara principal é de 8 megapíxeles, con sistema de autoenfoque, e a frontal de 2 megapíxeles. Dispón de 7.300 mAh de batería, conectividade WiFi b/g/n na banda de 2.4 GHz, Bluetooth 4.1 e GPS/GLONASS.

samsung galaxy a 2016 - 3

En canto a deseño, ten unhas dimensións de 155,3 x 254,2 x 8,2 mm e pesa 525 gramos. Está fabricada en diferentes tipos de plástico e cos marcos axustados ao tamaño de pantalla, para facilitar que sexa un dispositivo cómo nas mans.

En definitiva, o dispositivo ten unha boa calidade  – prezo, o que fai que sexa unha boa alternativa para todas aquelas que busquen un trebello de gama media que dea bos resultados.

Deixa un Comentario