Simyo lanza un bono de 10 GB de datos por 33 euros

Simyo segue a lanzar ofertas de datos para adaptarse ás necesidades de todo tipo de usuarias. Logo dos bonos finde, noite e roaming, agora vén de lanzar un bono extra de datos con 10 GB por 33 €/mes, orientado a aquelas usuarias da compañía ás que os 3 GB se lles quedaban curtos e tiñan que andar mercando renovacións de forma habitual.

Con esta nova opción supéranse as 2000 combinacións posíbeis para que as usuarias de Simyo poidan facer a tarifa ao seu gusto, dado que a compañía ofrece unha personalización total, tanto no número de minutos como no de datos incluídos a contratar.

Poucas alternativas con ese volume de tráfico

Pasando o límite dos 5 GB o certo é que atopamos poucas alternativas económicas entre as diferentes operadoras, aínda que hai no mercado algunha que se lle pode achegar: Masmóvil ofrece o mesmo por 29,90 €, aínda que esta tarifa está máis pensada para usar en MiFi’s ou similar. Pola súa banda, Amena ten unha tarifa de 7 GB e chamadas ilimitadas por 24,95 € e Yoigo permite contratar durante o mes de xullo La Sinfín, con 20 GB e chamadas ilimitadas por 29 euros.

Sobre o autor

Reply