BlackBerry prepara tres novos teléfonos con Android

A aposta de BlackBerry por Android non é algo anecdótico, senón un compromiso serio da compañía por tratar de sobrevivir nun momento moi complicado para a empresa. Tras a BlackBerry Priv, o fabricante está traballando nun conxunto de tres dispositivos que ten previsto lanzar nos próximos meses, a razón de terminal cada tres meses.

O primeiro en facer aparición sería o Neon (xullo ou agosto), un dispositivo de gama media con pantalla de 5,2 polgadas e procesador Qualcomm Snapdragon 617. Cara o mes de outubro chegaría Argon, que xa subiría as prestacións, cunha pantalla de 5,5 polgadas QHD e un procesador Snapdragon 820. Finalmente, e xa a comezos do 2017, aparecería Mercury, cuxo elemento diferenciador é a presenza dun teclado físico.

Será esta a diversidade que necesita a firma para garantir o seu futuro?

Sobre o autor

Reply