Estas serán as tarifas de FreedomPop no noso país

Hai unhas semanas falámosvos de FreedomPop, unha operadora que xa funciona noutros países que que destaca por ofrecer liñas básicas totalmente de balde. Agora viños de coñecer as tarifas de FreedomPop no noso país, onde poderemos elixir entre catro opcións.

A opción básica, e sen dúbida máis chamativa polo novidoso, permítenos falar 100 minutos, navegar 100 MB e enviar 300 SMS sen pagar céntimo, así como usar WhatsApp cun límite de 500 MB, contados á parte dos 100 MB de navegación.

En canto ás opcións de pagamento, temos tres alternativas:

  • 200 minutos + 1 GB de datos + 500 sms por 4,99 €/mes
  • chamadas e sms ilimitados + 2 GB de datos por 8,99 €/mes
  • chamadas e sms ilimitados + 4 GB de datos por 14,99 €/mes

Non hai, polo de agora, operadora que ofreza unhas tarifas tan rompedoras, aínda que isto ten algo de truco, xa que as chamadas son de voIP, que hoxe por hoxe non teñen a mesma calidade calidade que as chamadas de voz estándar en moitas circunstancias.

Por outro lado, as tarifas de FreedomPop incluirán roaming en 25 países sen ter que pagar sobrecustos, imaxinamos que cunha estratexia semellante á de Vodafone.

O que si semella que terá custe será a tarxeta SIM, algo que supomos rondará os 5 euros. Trátase do modelo xa case estandarizado que inclúe os 3 cortes para poder usar como SIM, microSIM ou nanoSIM.

Haberá que agardar uns días a que se confirme este e outros detalles, como a rede (imaxinamos que Orange) e se terá ou non 4G. Pediredes a vosa SIM gratis?

Vía

Sobre o autor

3 Comments

  1. Diego 7 Xullo, 2016 Responder
  2. Xosé M. 8 Xullo, 2016 Responder
    • Iago Varela Martínez 8 Xullo, 2016 Responder

Reply