YouTube Kids chega o 13 de xullo ao noso país

Hai máis dun ano Google anunciou YouTube Kids, unha versión de YouTube especialmente deseñada para as pequenas da casa, cunha interface moito máis sinxela, contidos infantís e educativos e opcións avanzadas de control parental.

Durante todo este tempo, e tras un período de exclusividade nos Estados Unidos, YouTube Kids foi expandíndose por varios países do mundo (Canadá, Irlanda, Reino Unido…). Agora tócalle ao noso país, onde estará dispoñíbel o próximo 13 de xullo.

Polo de agora a compañía do buscador non deu moita información sobre cales serán os contidos exclusivos que poderemos disfrutar no noso país, mais están confirmados Pocoyó e Barrio Sésamo. Con todo, cabe imaxinar que chegarán a acordos con outros creadores para dotar á plataforma de máis contido.

Sobre o autor

Reply