Mininovas Android: o móbil máis caro de Xiaomi, as malas vendas do G5 e a compra de AVG

Xiomi está preparando o móbil máis caro da súa historia

Xiaomi-Logo

Esta semana saltou un rumor sobre a posibilidade da chegada ao mercado do terminal Xiaomi máis caro da súa historia. O prezo podería superar os 600 euros e polo de agora non sabemos máis das características deste terminal. Estamos ante os primeiros pasos dunha nova política empresiarial? deixarán de ofrecer terminais punteiros a prezos axustados? Verémolo nos vindeiros meses.

LG non está contento coas ventas do LG G5

lg g5 - 4

LG agardaba a estas alturas de ano, ter vendidas uns 3 millóns de unidades do seu flagship, pero só acadaron 2,2 millóns, unha cifra o suficientemente alonxada das espectativas como para despedir a varias executivas e unha reestructuración da sección móbil, pois as perdas ascenden xa a uns 86 millóns de dólares.

Whatsapp terá que pagar ás operadoras?

whatsapp lg

En Italia están surxindo movementos neste senso. A Agcom (organismo regulador das telecomunicaciones en Italia) amósase favorábel á posibilidade de que empresas coma Whatsaap, Telegram ou outras retornen ás operadoras parte da inversión para ampliar a rede por mor do maior tráfico que este tipo de app xeneran.

Así parece que ten lóxica, pois este tipo de apps non pagan nada ás operadoras pero do que se esquece Agcom de xeito interesado (ou por pura igñorancia), son os beneficios que este tipo de apps lles reportan ás operadoras. Certo é que as operadoras poden ingresar menos vía chamadas dos seus clientes, pero o que é certo é que a cantidade de megas contratados cada ano aumenta máis e máis.

Veremos en que rematan estes movementos e como afecta ás usuarias, que coma (case) sempre, van ser as prexudicadas.

 

Avast merca AVG por 1300 millóns de dólares

avast

Avast, un dos xigantes na industria dos antivirus, vén de facerse cun dos seus principais rivais, AVG por unha cifra que ronda os 1300 millóns de dólares. Este é un movemento moi importante tanto polo importe da compra como pola vantaxe que tiña AVG no IoT que agora tamén controla Avast.

Imaxinamos que polo de agora se manteran as dúas aplicacións por separado, pero no futuro veremos o que acontece coa marca AVG. Terá os días contados?

Local Guides ofrece 100 GB de almacenamento gratuito

local guide

Esta semana soubemos que Local Guides, o servizo de reseñas vencellado a Google Maps, ofrecerá 100 GB de almacenamento gratuito en Google Drive. Até o de agora, as usuarias nivel 4, tiñan 1 TB pero de agora en diante serán só 100 GB.

Este axuste débese, segundo informa Google, ao constante crecemento da comunidade que os obriga a reducir o almacenamento que ofrecían até o de agora. Iso si, as usuarias que se rexistraron antes do día 7 de xullo recibirán 1 TB sempre que cheguen ao nível 4 antes do vindeiro día 21.

Apple baixa ao quinto posto na listaxe de marcas máis vendidas na China

apple

Apple baixou no ranking de marcas máis vendidas na China, pero tamén é certo que o mercado chinés é singular, pois Apple conta con moitas trabas para competir e a lexislación favorece á industria local, aínda que sexan copias descaradas.

Veremos como evoluciona tanto a cota de mercado coma o número de unidades vendidas e como afectan ás cifras anuais de Apple.

One Response

  1. Rubenix 9 Xullo, 2016 Responder

Deixa un Comentario