Facebook anuncia conversas privadas con cifrado end-to-end

Cada vez somos máis celosas da nosa privacidade e as principais plataformas de mensaxería están tomando nota dilo. Telegram descubriunos que o cifrado end-to-end das nosas conversas podía ser algo de uso diario, e pouco a pouco fóronse sumando outras apps populares, como WhatsApp. Agora é a quenda do Messenger de Facebook, aínda que nun primeiro momento esta funcionalidade só estará dispoñíbel para betatesters.

Porén, malia as súas vantaxes, este tipo de conversas privadas non van ser o modo de conversa por defecto, senón unha opción a seleccionar cando queiramos. Isto permitiranos determinar o tempo que queremos que as mensaxes estén dispoñíbeis para a nosa interlocutora, para o que fan uso do protocolo Signal Protocol.

Con todo, gañar en privacidade tamén leva implícito unha renuncia a outras características que para moitas teñense convertido en básicas ou imprescindíbeis, como os vídeos ou o uso de GIFs, entre outras.

Logo do tempo que dure o testeo cun grupo reducido de usuarias, Facebook lanzará esta funcionalidade para todas. Seredes das que usaredes este novo método de mensaxería privada?

Deixa un Comentario