Lowi comeza a ofrecer 4G

Lowi, a operadora low cost de Vodafone, vén de anunciar que desde hoxe as súas usuarias xa poden disfrutar de navegación 4G. Porén, esta novidade non estará dispoñíbel para todo o mundo, senón unicamente para todas aquelas que teñan configurado a súa tarifa con 2 ou máis GB. Quen non teña esta cantidade contratada pode solicitar o cambio de tarifa e ter o 4G dispoñíbel o próximo 1 de agosto.

Esta operadora permite personalizar o volume de datos a contratar, comezando por 1 GB a 6 €. A partir desa cantidade poderemos ir incrementando o volume de datos incluídos na tarifa a razón de 1 € cada 200 MB, polo que se para ter 4G temos que ter configurados 2 GB pagaremos 11 €/mes.

Outro feito diferencial desta operadora é que os megas non consumidos nun mes podemos consumilos durante o seguinte ciclo de facturación, e se pola contra quedamos curtas de megas podemos seguir navegando a velocidade hiperreducida ou irnos facendo con bloques de 200 MB por 1 €.

Sobre o autor

Reply