Captura os Pokémons máis rápido con este sinxelo truco

Malia que Pokémon Go aínda non está dispoñíbel oficialmente no noso país, hai uns días xa vos comentamos como podedes facer para instalalo e comezar a xogar. Veredes que o máis básico do xogo é cazar os Pokémon, para o que teremos que saír da casa e percorrer o mundo que nos arrodea na súa busca. Facendo isto podemos ter moita sorte e ilos achando de maneira máis ou menos rápida, aínda que outras veces cansaremos de andar co xogo sen que pase nada (menos mal que cando atopamos un esquecemos o mal rato da espera!).

Nun fío de Reddit vén de aparecer un pequeno truco para axilizar o tracking dun Pokémon e, así, poder capturalo antes. Debemos seguir estes pasos:

Pokémon-Go - truco

  1. Pulsamos a barra de Pokémons próximos e seleccionamos un para seguir. A sombra deste apareceranos na propia barra.
  2. Cada vez que nos situemos na dirección na que poderemos atopar o Pokémon parpadeará a barra, de maneira que saberemos cara onde temos que dirixirnos.
  3. Camiñaremos vendo se a barra parpadea, en función de se estamos indo na dirección correcta ou nos despistamos.
  4. Cando teñamos o Pokémon dentro do radio, pasará a estar visíbel e xa poderemos capturalo.

Como vedes, non se trata dun truco complicado, mais axudaranos a perder menos tempo para ser máis rápidos coas capturas.

Vía

Deixa un Comentario